-Agradecementos-

Wednesday, November 23, 2005

Agradecementos:

A tódalas nosas fontes de onde brotou o noso repertorio, en especial ós gaiteiros da nosa zona; ós veciños de Barro de Arén, que nos transmitiron pezas autóctonas da zona. Tamén, como non, ó músico Xosé Luis Represas por compoñer para o grupo o "Pasodobre de Cerdedo". Non nos íamos olvidar das comisións das festas, xa que gracias a elas podemos autofinanciar o grupo. Ás nosas familias por permitir ter tempo libre para realizar esta actividade. Ós veciños do lado donde ensaiamos, por non queixarse das molestias ocasionadas.
E por último, a todas aquelas persoas ás que lles gusta o folclore e se alegran porque estemos aí.